www.takeapen.org 27/05/2017 18:26:11
  _search_PORT
Click to send this page to a colleague_send_to_a_friend_PORT
Click to print this page_print_page_PORT

UN GRITO PARA OS QUE NON TEÑEN VOZ

Pilar Rahola
Con ocasión da entrega do premio Mass Media Award 2009
outorgado polo American Jewish Commitee a Pilar Rahola.
Washington, D.C.
8 de Maio de 2009

 

Bos días, amigos do Comité Xudeu Americano,


É unha grande honra para min estar aquí hoxe para recibir este Premio especial.

Cando, hai varios meses, David Harris chamoume para anunciarme a decisión do AJC de outorgarme o premio Mass Media Award 2009, contesteille que non sabía se o merecía. A miña resposta non foi un simple xesto de cortesía. Estou segura que hai moitas persoas no mundo que loitan polos nosos valores- Liberdade, Tolerancia, Paz-, en peores condicións ca min. Especialmente, hai moitas grandes mulleres en países
Musulmás loitando polos dereitos humanos, poñendo en perigo serio as súas propias vidas. Eu son só unha reporteira que fai o que cre é correcto. Unha muller comprometida co seu tempo e a súa sociedade. Ese é o meu único mérito: terme comprometido na loita contra as ameazas ás que nos enfrontamos.

Porqué? Porque é o meu deber.

Moitas grazas por recoñecer meu humilde labor. Tamén, síntome especialmente honrada de aceptar este recoñecemento, porque é outorgado polo Comité Xudeu Americano, unha organización que é un símbolo na loita polos dereitos civís. É precisamente por iso, polo que o AJC significa, que me gustaría converter o meu pequeno discurso de agradecemento nun grito de denuncia.

Vivimos nun tempo de retos e ameazas. Probablemente, de novo, o Tempo do Medo. No Século Vinte, a humanidade tivo que loitar contra dous tipos de totalitarismo, o Stalinismo e o Nazismo, ambas diferentes pero, en esencia, iguais. Agora, no Século Vinteún, sufrimos os asaltos dun inimigo novo aínda que similar: o extremismo Islámico. A ideoloxía mudou. Xa non usa o concepto de "Novo Home Soviético" nin o de "Sangue Pura Aria", senón que usa o nome de Deus en van. Non vive na dereita extrema, nin na esquerda extrema, pero aprendeu de ambos extremismos. A súa orixe, os seu métodos e os seus obxectivos son diferentes, pero comparte a esencia dos seus modelos sinistros: o uso do terror indiscriminado, o odio da liberdade e o amor á morte. Como os seus predecesores, é antioccidental e profundamente Antisemita, porque o pobo Xudeu foi, a través da historia, a metáfora da propia Liberdade. Esta nova ideoloxía totalitaria ten escravizado alí onde domina, e enche de corpos mortos o mapa do mundo. Por iso as vellas palabras de Albert Camus teñen un significado renovado: "Toda a historia do mundo é a historia da liberdade".

E, sen embargo, están todos os xogadores líderes nesta historia da liberdade a facer o correcto?. Eu creo que non. Se estas palabras queren ser un grito, é un grito denunciador. Unha denuncia contra os Chamberlains do Século Vinteún, culpables, como o Chamberlain do Século Vinte, de voltear á outra beira, de permanecer calados, ou de ser directamente culpables de aceptar o mal totalitario. O primeiro Chamberlain do Século Vinteún son as Nacións Unidas, cuxa capacidade de defender os dereitos humanos, de denunciar ditaduras atroces e de axudar aos máis febles, é nula. Por iso non é capaz de confrontar traxedias como a de Darfur e é incapaz de defender mulleres oprimidas polo Islam. Pero é capaz de convidar a un cumio contra a intolerancia, a un islamofascista que mantén ás mulleres en apartheid, mata homosexuais, odia aos Xudeus e promove a destrución de Israel. E faino en Europa, no aniversario da Shoah. Martin Luther King dixo: "Nada no mundo é máis perigoso cá ignorancia sincera e a estupidez concienciuda". En efecto, as Nacións Unidas son só útiles para aprobar resolucións contra un pequeno país que enfronta unha situación de risco permanente, Israel. E esquécese que Israel é o único aliado do pobo Palestino Democrático. O único aliado verdadeiro. Pero ás nacións Unidas non lles importa a verdade. Prefire atacar a Israel, porque, todos sabemos que criticar a Israel sae de balde. Lémbranse de Eleanor Roosevelt, a gran dama do Século Vinte, membro fundadora das Nacións Unidas e Presidenta do comité que escribiu o Decreto dos dereitos Humanos? Que pensaría ela se vise agora no que se ten convertido as Nacións Unidas? Desgrazadamente convertéronse na súa peor caricatura.

O segundo Chamberlain atópase onde a intelixencia debería residir: nas
universidades, nos medios de comunicación, e no mundo intelectual. Lonxe de ter un exército de pensadores que poderían alertar contra os perigos totalitarios, temos unha longa listaxe de intelectuais e reporteiros obsesionados contra Israel, e ao mesmo tempo, cegos, xordos e mudos perante calquera atrocidade totalitaria. Vivimos as traxedias de Ruanda e Sudán, con miles de mortos cada un e eles permaneceron en silencio. Vivimos a masacre permanente de musulmás, nas mans do Fundamentalismo
Islámico e eles permanecen en silencio. Vivimos a escravización de millóns de mulleres e eles permanecen en silencio. Pero, se unha vítima cae baixo as balas Americanas ou Israelís, entón erguen a súa voz e condenan ao país inimigo e maldito. Eses intelectuais son os inventores do novo antisemitismo, politicamente correcto, disfrazado como solidariedade, e cunha conciencia limpa. E, sen embargo, o seu odio para Israel nun dos aliados máis fortes da victimización Jihadista. O novo antisemitismo xurdiu en Europa e en América Latina en tal xeito, que hoxe en día é parte sustancial da ideoloxía de esquerda. Por iso a credibilidade da esquerda como bastión da Liberdade, desfíxose.
.
Hoxe en día, a maioría da esquerda perdeu os seus obxectivos progresistas e abandonou os seus valores éticos. Serve só para negar a Israel e para repetir a simple propaganda. En España esta actitude antisemítica converteuse na única forma de pensar, ate tal grao de converter ao país no máis neo antisemita de Europa. A maioría dos periódicos Españois, néganlle credibilidade a Israel, a mocidade queima bandeiras co Maguen David, nas manifestacións bérrase en favor de Hamas e négase o debate. Aqueles que defendemos o dereito de Israel a existir, somos demonizados en moitos foros e redes de Internet e aínda ameazados. A pesar de todo, son optimista. Porque un exército de cidadáns españois empeza a crer que Israel non é tan malo, aínda que de momento están agochados no armario. En España, como en moitos outros lugares, falar a favor de Israel non está ben visto.

O último Chamberlain é a "realpolítica" dos países democráticos, prisioneiros das súas necesidades enerxéticas. Porque esas dependencias, ditaduras implacables que asoballan as súas sociedades son toleradas; e a opresión de millóns de mulleres musulmás que son subxugadas por leis terribles é tolerada. Se o odio para Israel é unha das grandes vergonzas do mundo, esquecer ás mulleres musulmás é outra grande vergonza universal. Non estamos preocupados polo seu sufrimento porque decidimos non querer velo. Toleraría hose en día o mundo libre a opresión de cidadáns de color?
Agora, que os Estados Unidos teñen un Presidente de coler, Barak Obama toleraría a unha nova Sudafrica racista? Entón, por que parece natural que decenas de países islámicos segreguen ás mulleres como facía Sudáfrica coa súa poboación negra? Por qué as mulleres do Islam loitan unha guerra tan solitaria? Por qué non oímos a voz da líder iraniano en favor dos dereitos das mulleres, Shirin Ebadi?

Por qué non oímos á Palestina Samia Tamimi, quen loita polos dereitos das mulleres baixo a tiranía de Hamas, ou da loitadora Somalí Ayan Hirsi Ali? Por qué non oímos da Bengalí Taslima Nasreen, que ten que sobrevivir con tres fatwas de morte? Ou da líder Afgana, Fawzia Koofi quen denunciou a nova lei do estado de Shia do Presidente Karzai, que permite o matrimonio de nenas menores e permite a violación no matrimonio? E tantas outras, auténticas heroínas do noso tempo, cuxo sufrimento debido ao odio, intolerancia e opresión únense cos xudeus que sufriron de intolerancia antisemita, e cos homes e mulleres de color que sufriron da intolerancia racial.

É a mesma cara do odio. Só as vítimas cambian.

O mércores pasado, Bernard Henry Levy dixo que os musulmás democráticos son os nosos aliados. Eu estou de acordo con el. Especialmente as mulleres musulmás que loitan pola liberdade no Islam. Por qué non escoitamos as súas voces? Probablemente, por medo. Sen embargo, quen se atreve co Islam? Quen se atreve co petróleo? Un día esas mulleres van conquistar a súa liberdade. Cando o fagan, van a mirar para Occidente e acusarnos de telas abandonado, de complicidade cos opresores e de traizón. E terán toda a razón.

Díxenlles, na miña introdución, que a miña gratitude ía ser un grito. Un grito contra o silencio. Un grito contra a complicidade. Un grito contra a indiferenza.
Eleanor Roosevelt dixo: Ninguén pode facerte sentir inferior sen o teu consentimento. A pregunta é: consentimos? Agora que Barack Obama quere falar co tirano iraniano, e o Presidente español Zapatero fala sobre a Alianza das Civilizacións con outros tiranos, debemos preguntarnos, cal é o significado de civilización? Certamente estou a favor do diálogo. Como o estratego Chinés Sun Tzu escribiu: "a excelencia suprema consiste en romper a resistencia do inimigo sen loitar". Sen embargo, o diálogo é diálogo só se está baseado sobre dous fundamentos: a superioridade moral da liberdade sobre a tiranía, e o compromiso non negociable coas vítimas. É dicir, só pode haber unha Alianza de Civilizacións, unha que estea baseada no tácito Decreto de Dereitos Humanos. Calquera outra opción non é unha alianza de civilizacións. É unha alianza co barbarismo, co único obxectivo de garantir certos intereses.

Grazas de novo por este premio tan significativo. Vou a empregalo para dar a miña voz a aqueles que non son escoitados. Ás familias dos israelís asasinados, que nunca aparecen nas noticias. A Gilad Shalit, quen pronto cumprirá tres anos de secuestrado. Aos fillos de nais palestinas, que foron adestrados para converterse en mártires. Nenos que teñen o dereito de ser educados para a vida, pero son educados para a morte. Son a nosa causa tamén. E vou usar a miña voz tamén, para os seres humanos de Darfur, que morren por miles. Ás nenas que sofren escravización e mutilación xenital. Ás vítimas de todas as crenzas asasinadas pola Jihad asasina nos ataques terroristas. Vou darlle voz, a miña pequena voz, ás vítimas, pois só entón serei merecedora deste premio.

Trincheiras, é o título do último libro de David Harris. Certamente, estamos nas trincheiras. Nas trincheiras da xustiza, nas trincheiras dos Dereitos Humanos, nas trincheiras da liberdade e nas trincheiras de Israel, porque Israel é o símbolo de todos estes valores. Nestes días esperanzadores de cambio, é bo lembrar as palabras do Presidente Obama: "Cando os americanos saben que teñen o poder de cambiar cousas, é difícil detelos. ...fágano!

Imos facelo! Imos cambiar as cousas! Si podemos!!! We can!

Grazas
Pilar Rahola.


 

Trad. al galego.: www.amizadeconisrael.org



Copyright © 2001-2010 TAKE-A-PEN. All Rights Reserved. Created by Catom web design | SEO